Prantas carnívoras, kárstico,orquídeas ...y mucho más - TÓDOLOS DÍAS
Coñece e recoñece os LIQUES - POSPOSTOl
Pía Paxaro adícase a organizar actividades de tempo libre na natureza na Serra do Courel. O noso obxectivo e dar a coñecer toda a bisbarra, amosando a súa extraordinaria riqueza paisaxística, botánica, faunística e etnográfica, por medio de rotas accesibles a tódalas persoas que queiran coñecer un pouco máis desta maravillosa paraxe.
Connosco poderás facer, por exemplo, roteiros de sendeirismo cun guía que che explique o que estás a ver, aprender a distinguir árbores, a facer fotos dunha flor ou un paxaro, ver funcionar un tear ou un forno de pan ou degustar o mel e o aceite que se elaboran na comarca… E se prefires saír so, alugar unha bicicleta, uns prismáticos ou unha guía de campo.
Ademais axudarésmoste a atopa-la casa rural dos teus soños onde descansar ou simplemente probar uns ovos fritidos con castañas.
Non esquezas visita-la nosa axenda para sabe-lo que estamos a programar .
Calqueira actividade que che apeteza, non tes máis que propoñérnola