Google+ Axenda

Inicio  //  Axenda

Axenda

 
Sábado, 26 de Outono: Fin de semana micolóxico no Courel
 
Recollida, identificación e mais degustación ( segura) de cogumelos, coa colaboración da Asociación Micolóxica "Os Cogordos" (Ourense) e os estabrecementos hosteleiros da zona.
Non faltarán anécdotas, ditos e máis información sobre os usos e milagres dos fungos.
 
-21:00h. (aprox.): cea* con productos caseiros en Casa Caselo (Paderne): embutidos, caldo, carnes da zona, postres artesanais; viño, café e chupitos.
 
E o Domingo 27, posibilidade de facer unha ruta guiada para refrenda-lo aprendido, que algo hai que levar tamén para casa.
 
Mantédevos atentos á nosa web: en breve vos informaremos das tarifas, lugares onde poder aloxarse,...

-Xoves 25 de Xullo:

Disfruta o día de Santiago paseando por unha das rutas máis representativas dos bosques galegos: A Ruta do Río Pequeno, da que tedes máis información no noso apartado sobre o pobo de Paderne.
Ó redor de 14 Km. dunha ruta circular, con parada obrigada para xantar ( de mesa ou de bocata, vós elexides); e con saída e chegada a Paderne.
Ruta guiada+ comida: 20€/ persona
Ruta guiada: 10€/ persona

Descontos a grupos.

E, se queredes pasa-la ponte no Courel, buscámosvos unha casa rural acorde co voso presuposto.
Para anotarvos ou resolver calquera dúbida, contactade con nós.

-Venres 26 de Xullo: Ruta da Devesa da Escrita.

Sairemos de novo de Paderne para facer esta ruta de 13 Km., na que arrodearemos a inexpugnable devesa da Escrita, segunda máis importante do Courel. Polo camiño, pasaremos por Pedrafita do Courel,para retornar despois tras longo descenso ó noso punto de orixe.
Nesta ruta si cómpre levar un bo bocadillo, pois só podemos aspirar a unha copiosa e merecida cea, se é que quedamos pola zona.
Ruta guiada: 10€/persona ( consultar precio grupos).
Xa sabedes, para vos anotar, consultar dúbidas ou que vos aconsellemos onde durmir, contactade connosco.

-Sábado 27 de Xuño: Ruta da Devesa da Rogueira.

Saída e chegada á Aula da Natureza de Moreda do Courel, para visitar un dos cinco bosques mellor conservados de Europa (National Geographic). 3 Km. de dura ascensión entre un espeso manto de caducifolias e 6 Km. de baixada pronunciada admirando a paisaxe. Indispensable levar un bocata.
Precio ruta guiada: 10€/ persona ( consultar grupos)
Contactade para todas vosas dúbidas.

Xornadas Micolóxicas