Google+ Curso de fotografía en Becerrea

Inicio  //  Axenda  //  Curso de fotografía en Becerrea

Curso de fotografía en Becerrea

Curso de Fotografía: Sácalle partido á túa Cámara Dixital


Obxetivos:

Os asistentes a este curso aprenderán a sacarlle o mellor proveito á súa cámara, independentemente de call sexa a mesma.
Obxetivo básico, coa mesma, é dar a coñecer Becerreá e as montañas cá arrodean (www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323), así coma as posibilidades que esta zona ten para os amantes da fotografía, a natureza e a boa mesa.


Desenvolvemento:

Para imparti-lo curso, contaremos coa presencia do destacado fotógrafo vigués Marcos Canosa ( www.facebook.com/marcoscanosamaya).
O curso se desenrolará entre a noitiña do venres 29 de Maio  e a tarde do domingo 31. Durante estes dous días de convivencia e aprendizaxe, haberá tempo tamén para realizar algunha ruta guiada pola zona e poñer así en práctica os coñecementos adquiridos na aula.

A parte teórica do curso se desenvolverá no salón do Hotel “Os Ancares” de Becerreá, ( r/ Anovello, 4-Bar) que abrirá as súas portas para este evento. O hotel conta con 18 habitaciones dobres prácticamente a estrenar, todas elas con baño completo, calefacción y será, sen dúbida algunha, o lugar perfecto para descansar e compartir coñecementos.

As materias do temario teórico/práctico do curso son:

-O enfoque.
-A composición.
-Modos de imaxe.
-O flash.
-Aproveitamento da luz.
-Utilización do zoom de xeito creativo.



Destinatarios:

Calqueira que dispoña dunha cámara fotográfica dixital e que queira pasar un par de días en O Courel ó tempo que aprende a sacarlle rendemento a devandita cámara.



Precio:

O precio do curso é de 150€, incluíndo:

Aloxamento* no Hotel “Os Ancares” en habitación dobre e  réxime de pensión completa (isto é: durmida os días 29 e 30,  cea do venres 29, almorzo, xantar e cea o sábado 30 e almorzo e xantar o domingo 31.)

           Como non, no precio están incluídas tamén as rutas guiadas por Pía Paxaro neses días (serán rutas adaptadas a todo o mundo, para disfrutar da natureza ó tempo que aprendemos a fotografiala).


Inicio e fin:

O curso comezará coa cea de presentación do venres, 29 de Maio, ás 21:00h. e rematará na tarde do domingo 31.


Forma de pago-reserva:

Para facela reserva, cómpre poñerse en contacto connosco a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. oo o teléfono 687001304 (Marcos) ou 610449673 (Agustín).

Como as prazas son limitadas, será necesario formaliza-la reserva mediante un ingreso de 50€ no nº de conta do BANCO DE SABADELL:

ES16 0081 7630 1700 0113 7121
Titular: Agustín Prado López

Os 100€ restantes poderedes aboalos na presentación do curso..


*NOTAS: como ben se di enriba, o precio inclúe aloxamento en habitación dobre ( dúas camas), se alguén quixese habitación individual, o precio incrementaríase 50€; se preferides habitación de matrimonio para dous , o precio será o mesmo ( 150€/ persona) . En calqueira dos dous casos, facédenolo saber.
Ademais, se algún dos apuntados fose vexetariano ou alérxico a algún alimento,  informádenos.


Contacto:

Para calqueira tema non dubidedes en poñervos en contacto connosco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304 ou 610449673.

Algunha das paraxes que visitaremos durante as prácticas:

Xornadas Micolóxicas