Google+ Curso de prantas mediciñais en O Courel

Inicio  //  Axenda  //  Curso de prantas mediciñais en O Courel

Curso de prantas mediciñais en O Courel

Etnomediciña en O Caurel

 Se hai algún lugar de Galicia onde, polas súas particulares características, se desenvolveu de xeito destacado a Etnobotánica e, máis en concreto, a súa rama adicada á Mediciña, éste é O Caurel.


E é que neste medio agreste que permaneceu caseque aillado ata hai ben pouco e no que se topa a maior diversidade de plantas de Galicia, ós seus habitantes seculares non lles quedou outra que adicar parte da súa vida ó estudio deses vexetais que os arrodeaban e ó xeito de aproveitalos para cura-las súas doenzas. Se a este estudio lle engadímo-la transmisión interxeracional destes coñecementos, topámo-lo motivo claro deste Seminario, dirixido pola Licenciada en Farmacia María Moure.

María Moure adicou parte da súa vida a estudiar in situ a riqueza etnomedicinal de O Caurel, desenvolvendo nestas montañas un estudio pormenorizado das plantas e da súa relación cos habitantes que está a piques de ve-la luz en forma de libro. É, por tanto, a persoa ideal para a transmisión destes coñecementos.
 

O Curso-Seminario se dividirá en tres medias xornadas, entre o sábado 25 Abril e o domingo 26, deste xeito:
 
-Sábado, 25 de Abril:
 
-10:00h.: Presentación no Salón da Casa de Turismo Rural As Triegas ( www.astriegas.com), de Paderne do Courel.
-10:15h.: Inicio do Seminario, que consta dos seguintes apartados.

1º- Introducción:

Nacemento dunha idea. Traxectoria e desenvolvemento do estudo.

A comarca do Caurel e mais os seus habitantes.
 
2º - Xeneralidades:
 
Uso tradicional das plantas medicinais do Caurel: recollida e secado, dosificación, modo de emprego, partes utilizadas, fórmulas, aplicación en Veterinaria.

Resume das aplicacións das plantas que aínda utilizan hoxe en día como curativas no Caurel: tomillo, ourego (orégano), maravallo (un tipo de menta), romeu (romero), xarxa (salvia) e xanzá (genciana).
 
Curiosidades: Uso máxico-medicinal, Etnobotánica infantil, Etnometeoroloxía.
 
3º -Algunhas das plantas mais utilizadas tradicionalmente como curativas no Caurel:

Apio, carqueixa (carquesa), ceruda (celidonia), estrellamar (Plantago coronopus L.), malva, malvela (hiedra terrestre), ortiga, ourego (orégano), romeu (romero), ruda, tomillo, xanzá (genciana, Gentiana lutea subsp. aurantiaca Laínz) e xarxa (salvia).

Información sobor de cada planta: parte/s utilizada/s, aplicacións e modo de emprego, onde se atopa, outros usos, curiosidades (ditos e refráns, lendas) e comparación ca Fitoterapia científica.

4º- Mesa redonda.

Nota: As explicacións do seminario irán acompañadas da proxección dunha serie de fotografías (Uso Máxico-Medicinal, Etnobotánica infantil, Etnometeoroloxía) así como de fichas técnicas consistentes nas fotografías das plantas mais utilizadas acompañadas de párrafos explicativos onde se resume a información sobor de cada planta, detallada mais arriba.

-14:30h.: Xantar*
-16:00h.: Saída ó campo polos arredores de Paderne, na procura de plantas.
-20:30h.: Fin da xornada.
-21:30h.: Cea*.

 
-Domingo, 26 de Abril:
 
-10:15h: Reunión no Salón de As Triegas.
-10:30h.: Proxección de videos explicativos sobre Etnomedicina, comentados por María Moure.

               Mesa redonda, rogos e preguntas.

 -14:30h.: Fin do Seminario.

Precio, reserva e Xeito de Pago:
 
-O precio do Seminario será de 20€, que se pagarán no momento de iniciarse o mesmo.
-O número máximo de participantes será de 30, así que cómpre reservar plaza. Para isto é necesario poñerse en contacto connosco a través de correo electrónico ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou por teléfono (687001304, Marcos).

*: Na xornada do sábado hai a posibilidade de se apuntar a un xantar e unha cea tradicional con productos da zona, na mesma aldea de Paderne: o xantar faráse na Casa As Triegas e a cea en Casa Caselo (www.casacaselo.com). O precio destas comidas é de 14€/persona (28€ as dúas) e sería necesario que nos informásedes de se vos queredes apuntar para reservar mesa.

 Nota:

 
En todo O Courel hai moitos sitios onde durmir, pero como queira que a actividade se desenvolverá na aldea de Paderne, aconsellamos que vos quededes na mesma aldea ( onde hai ata 6 casas rurais) ou pola zona. Se queredes información de posibles lugares, non dubidedes en nola pedir.

Algunha das prantas que imos ver:

Xornadas Micolóxicas