Google+ Curso micolóxico (xornadas 2016)

Inicio  //  Axenda  //  Curso micolóxico (xornadas 2016)

Curso micolóxico (Xornadas primaveira 2016)

I Xornadas Micolóxicas de Primaveira en Becerreá ( 30 de Abril e 1 de Maio)

En colaboración con Findes Nos Ancares Galegos e contando coa presencia do micólogo José Castro Ferreiro ( membro fundador da Sociedade Micolóxica Lucus), esta primaveira nos achegaremos ata Becerreá, onde descubriremos algún dos recunchos máis agachados desta Reserva da Biosfera, ó tempo que disfrutamos aprendendo algo máis do mundo dos fungos.
A zona de Becerreá é especialmente rica en cogumelos pois ós seus bosques de frondosas ( castiñeiros, carballos,...) une unha importante extensión de piñeiros e, incluso, algunha zona de aciñeiras. Ademais disto a importante presenza de rochas calizas na zona explica que non só sexa posible a abundancia de cogomelos, senón tamén unha grande variedade dos mesmos.
Durante estes dous días aprenderemos moito máis do Reino Fungi e descubriremos que nos nosos bosques hai vida fúnxica alén do Outono.


Desenvolvemento:

Sábado 30:

-9:45h.: Reunión no Bar “O Catro de Anovello” r/Anovello, 4.

-10:00h. Ruta micolóxica  dirixida por José Castro, na que os asistentes aprenderán in situ características morfolóxicas e curiosidades dos cogumelos.

-17:00h.: reunión no salón do estabrecemento hoteleiro “Os Ancares”, de Becerreá onde, xa con libros-guía e coa axuda de José Castro, resolverémo-las últimas dúbidas.

-21:00h.: cea de grupo*


Domingo 1:

-9:45h.: Reunión no “Catro de Anovello”

-10:15h.: Ruta dirixida por Pía Paxaro na que, ademais de descubrir algún recuncho descoñecido destas terras, poderemos practica-los coñecementos adquiridos na xornada anterior e, se é posible, levar algún cogumelo para casa.

-14:15h. Fin das Xornadas.

-14:30h.: Xantar de grupo*


PRECIO E XEITO DE PAGAMENTO

Xornadas: 20€/persoa
(menores de 12 anos: 10€)

Para vos inscribir nas actividades ou realizar calqueira pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamando ó: 687001304 (Marcos).

O pagamento da cuota de matriculación se fará “in situ”, no momento no que se inicien as actividades.

As prazas son limitadas e por orde de matriculación.

*: Tanto a cea do sábado coma  o xantar do domingo son voluntarios, e se pagarán no mesmo restaurante. No momento de formaliza-la reserva agradeceriamos que nos indicasedes se estades interesados en apuntarvos ós mesmos, para poder reserva-las prazas nos restautantes respectivos.


Aloxamento:

O estabrecemento hoteleiro oficial das Xornadas é “Os Ancares” , que recentemente abriu as súas portas en Becerreá, que nos cederá o seu salón para o desenvolvemento das mesmas.

Para os que se anoten ás rutas, este estabrecemento fará descontos especiais:

-Dúas noites (29 e 30) en habitación de matrimonio: 70€ ( 35€/ habitación e noite).

-Unha noite en habitación de matrimonio: 45€

Para a xente que durma xa o venres en “Os Ancares”, habería a posibilidade de facer unha cea conxunta nese día; ademais, faremos unha charla de presentación das Xornadas e mais das actividades que imos desenvolver.

Se queredes coñecer máis detalles dos descontos, non tedes máis que chamar ó  610449673 (Agustín) ou contactar con eles a través de Facebook:  www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323.

http://findesnosancaresgalegos.weebly.com/

e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

IMPRESCINDIBLE:

-Cesta de bimbio e navalla
-Calzado adecuado
-Roupa de abrigo e/ou auga
-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 30.
-Chaleco reflectante ( recomendable).

Contacto:

Para calqueira tema non dubidedes en poñervos en contacto connosco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304 ou .610449673.

O Caurel entre estrelas