Google+ Fin de semana do Oso Pardo en Ancares

Inicio  //  Axenda  //  Fin de semana do Oso Pardo en Ancares

Fin de semana do Oso Pardo en Ancares

O Oso Pardo é unha das especies máis xenlleiras da fauna ibérica. Os osos ibéricos están en perigo de extinción e se enfrentan a constantes ameazas provocadas polo pequeno tamano das súas poboacións. As máis importantes son a morte de osos causada polas persoas, a perda e fragmentación do hábitat e maila baixa diversidade xenética dos osos cantábricos. 

Durante esta fin de semana intentaremos cós asistentes aprendan un chisco máis dos seus costumes, hábitat, medidas adoptadas para  a súa recuperación ou problemática derivada destas.

As xornadas desenvolveránse na Serra de Ancares, vertente occidental da Cordillera Cantábrica,  na  que estánse a levar ó cabo algunha destas medidas que teñen permitido manter, hoxe en día, unha poboación de osos máis ou menos estable, inda que sempre no fío da navalla.

 

Para impartilo curso e falarnos da súa experiencia, contaremos coa colaboura de expertos da Fundación Oso Pardo ( www.fundacionosopardo.org), que dende 1992 está a desenvolver unha inxente laboura no estudo do oso pardo e o seu hábitat.

Desenvolvemento: 

O aloxamento e maila parte teórica do curso terán lugar no Hotel “Os Ancares”  de Becerreá; c/ Anovello, 4 ( Bar) que abrirá as súas portas para este evento. ( www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323)

 

Venres, 10 de abril:

-A partires das 20:00h.: Presentación das xornadas.

-20:30h.: charla “Retos para a conservación do Oso Pardo na Cordillera Cantábrica”.*

-22:00h.: cea.

Sábado, 11 de abril:

-Ruta guiada polos membros da Fundación Oso Pardo pola zoa de Piornedo de Ancares, explicación in situ de hábitats, precura de pegadas,... 

Domingo, 12 de abril:

-Ruta interpretativa dirixida por Pía Paxaro ( botánica, etnografía,...)

-14:30h.: xantar

-16:30h.: Fin das xornadas.

 

NOTA: no caso de que, durante a xornada do venres non rematase a charla, compretaríamos ésta na xornada do sábado.

Prezo:

O prezo das xornadas será de 150€ inscribíndose antes do 31 de Marzo ou ben 180€ para os que se inscriban durante o mes de Abril. Incluíndo:

 

- aloxamento en habitación dobre durante o venres 10 e o sábado 11. O aloxamento en habitación individual incrementa o prezo en 50€. O hotel Os Ancares conta con 18 habitacións dobres prácticamente a estrear, todas elas con baño completo e calefacción  e será, sen lugar a dúbidas, o lugar perfecto para descansar e compartir coñecementos.

- pensión completa (ceas do venres e  sábado, almorzos do sábado e domingo, xantar do domingo e picnic  para a ruta do sábado)

- asistencia ás charlas  ás rutas guiadas pola Fundación Oso Pardo e por Pía Paxaro

- desprazamento en autocar a Piornedo o sábado.

*: Prezos especiais a familias, acompañantes ou xente que unicamente queira asistir ás Xornadas. Para calqueira información destas tarifas, non dubidedes en contactar connosco.

Forma de pago-reserva:

 Para face-la reserva, cómpre poñerse en contacto connosco a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou os teléfono 687001304 (Marcos) ou 610449673 (Agustín)

Como queira cás prazas son limitadas, será necesario formaliza-la reserva mediante un ingreso de 50€ no nº de cuenta del BANCO DE SABADELL:

  ES16 0081 7630 1700 0113 7121 

Titular: Agustín Prado López

 Os 100€ (ou 130€ para os que realicen a reserva en Abril) restantes poderédelos aboar na  presentación do curso..

Ademais, se algún dos apuntados fose vexetariano ou alérxico a algún alimento,  informádenos.

Contacto:

Para cualqueira cuestión non dubidedes en poñervos en contacto connosco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304 ou 610449673.