Google+ I Xornadas mocolóxicas en Becerreá

Inicio  //  Axenda  //  I Xornadas mocolóxicas en Becerreá

I XORNADAS MICOLÓXICAS en Becerreá

I Xornadas Micolóxicas en Becerreá ( 21 e 22 de Novembro)

En colaboración con Findes Nos Ancares Galegos e contando coa presencia do micólogo José Castro Ferreiro ( membro fundador da Sociedade Micolóxica Lucus), este ano nos achegaremos ata Becerreá, onde descubriremos algún dos recunchos máis agachados desta Reserva da Biosfera, ó tempo que disfrutamos aprendendo e recollendo cogumelos ( e, como non, coméndoos, se é posible).

A zona de Becerreá é especialmente rica en cogumelos pois ós seus bosques de frondosas ( castiñeiros, carballos,...) une unha importante extensión de piñeiros e, incluso, algunha zona de aciñeiras. Ademais disto a importante presenza de rochas calizas na zona explica que non só sexa posible a abundancia de cogumelos, senón tamén unha grande variedade dos mesmos.

Desenvolvemento:

Sábado 21:

-9:30h.: Reunión no Bar “O Catro de Anovello” r/Anovello, 4.

-9:45h. Ruta micolóxica  dirixida por José Castro, na que os asistentes aprenderán in situ

características morfolóxicas e curiosidades dos cogumelos.

-16:00h.: reunión no salón do estabrecemento hoteleiro “Os Ancares”, de Becerreá onde, xa con libros-guía e coa axuda de José Castro, resolverémo-las últimas dúbidas.

-18:00h.: degustación das setas comestibles.

-21:00h.: cea de grupo*

Domingo 22:

-10:00h.: Reunión no “Catro de Anovello”

-10:15h.: Ruta dirixida por Pía Paxaro na que, ademais de descubrir algún recuncho descoñecido

destas terras, poderemos practica-los coñecementos adquiridos na xornada anterior e, se é posible,

levar algún cogumelo para casa.

-14:15h. Fin das Xornadas.

-14:30h.: Xantar de grupo*

PRECIO E XEITO DE PAGAMENTO

Xornadas: 20€/persoa

(menores de 12 anos: 10€)

Para vos inscribir nas actividades ou realizar calqueira pregunta (sen compromiso), podedes

contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben

chamando ó: 687001304 (Marcos).

O xeito de pagamento é por ingreso ou transferencia bancaria do importe íntegro na conta de

Abanca nº:

ES52 2080 5025 3330 0017 0056        Titular: Marcos Reinoso Domínguez

Reflectindo no concepto “Xornadas Micolóxicas Becerreá” , así coma o nome do matriculado.

As prazas son limitadas e por orde de matriculación.

*: Tanto a cea do sábado coma  o xantar do domingo son voluntarios, e se pagarán no mesmo restaurante. No momento de formaliza-la reserva agradeceriamos que nos indicasedes se estades interesados en apuntarvos ós mesmos, para poder reserva-las prazas nos restautantes respectivos.

Aloxamento:

O estabrecemento hoteleiro oficial das Xornadas é “Os Ancares” , que recentemente abriu as súas portas en Becerreá, que nos cederá o seu salón para o desenvolvemento das mesmas.

Para os que se anoten ás rutas, este estabrecemento fará descontos especiais:

-Dúas noites (20 e 21) en habitación de matrimonio: 50€ ( 25€/ habitación e noite).

Para a xente que durma xa o venres en “Os Ancares”, habería a posibilidade de facer unha cea

conxunta nese día; ademais, faremos unha charla de presentación das Xornadas e mais das

actividades que imos desenvolver.

Se queredes coñecer máis detalles dos descontos, non tedes máis que chamar ó  610449673

(Agustín) ou contactar con eles a través de Facebook:  www.facebook.com/pages/Findes-nos-

Ancares-galegos/1414310955477323.

http://findesnosancaresgalegos.weebly.com/

e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

IMPRESCINDIBLE:

-Cesta de bimbio e navalla

-Calzado adecuado

-Roupa de abrigo e/ou auga

-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 21.

-Chaleco reflectante ( recomendable).

Contacto:

Para calqueira tema non dubidedes en poñervos en contacto connosco:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304 ou .610449673.

Xornadas Micolóxicas