Google+ Identificación de Aves polo seu canto

Inicio  //  Axenda  //  Identificación de Aves polo seu canto

Identificación de Aves polo seu canto

¿Quen, ó dar un paseo polo campo e escoita-lo canto dun paxaro, non se ten preguntado que paxaro será o que está a dar un concerto e tenta buscalo entre a ramallada sen éxito algún? Pois non só a éses, senón tamén ós que queiran aprender un chisco máis das aves e dos seus hábitats vai adicado este taller, dirixido polo naturalista Carlos Pereira.

Carlos leva máis de 25 anos traballando en diversos eidos relacionados coa natureza ( herpetoloxía, entomoloxía, estudos de comportamento de mamíferos,...), sendo na ornitoloxía onde escomezou a súa afición polo mundo natural; non en van, durante unha longa estancia no Parque Nacional de Doñana, colaborou co CSIC na elaboración de censos de aves acuáticas, rapaces e paseriformes, ademais de formar parte do equipo que realizou o Atlas Das Aves Reproductoras da Península Ibérica.

Hoxe en día segue amosando todo o seu traballo en diversos blogs (   http://elaniorapaz.blogspot.com.es/  ou http://lepsapolo.blogspot.com.es/ , por exemplo), así como adicándose a dar charlas ou organizar saídas como ésta que nos ocupa.

Durante os dous días que dure o curso-taller, haberá tempo para unha pequena clase teórica, pero sobre todo aproveitaremos para facer rutas guiadas polos distintos hábitats que conforman O Caurel e que permiten a existencia de máis de 110 especies de aves  ( aldeas e campos de cultivo, soutos, carrasqueiras, devesas,...), buscando así poñerlle, por fin, “cara” a todos eses cantos que escoitamos nos nosos paseos campestres.

Desenvolvemento:

Sábado, 12 de Marzo:

-10:00h.: Presentación do taller no Salón da Casa Rural As Triegas ( www.astriegas.com), de Paderne de O Caurel.

-10:15h.: Inicio das actividades ( aula + ruta guiada)

-14:30h.: Xantar*

-16:00h.: Ruta guiada.

-20:30h.: Cea*

Domingo, 13 de Marzo:

-10:15h.: Ruta guiada

-14:30h.: Fin

*: Hai posibilidade de facer un xantar e mais unha cea conxunta na xornada do sábado nos restaurantes de As Triegas e Casa Caselo ( www.casacaselo.com), respectivamente: ámbolos dous estarán baseados en productos da zona ( embutidos, carnes, pan feito en forno de leña, postres caseiros...) O precio de cada comida é de 14€.

Precio e xeito de pago:

O precio das actividades para adultos é de 24€/persona. No caso dos nenos menores de 14 anos, o precio é de 15€. Este precio inclúe rutas e charlas..

O pago desta cuota faráse “in situ”, na presentación da xornada.

As comidas ( xantar e/ou cea), pagaránse nos mesmos restaurantes e cómpre que nos informedes en caso de que querades anotarvos, para face-la reserva.

Haberá un número máximo de participantes, así que cómpre reservar plaza. Para isto é necesario poñerse en contacto connosco a través de correo electrónico ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou por teléfono (687001304, Marcos). 

Notas:

En todo O Courel hai moitos sitios onde durmir. Non dubidedes en nos pedir información sobre os mesmos.

Para a observación das aves durante as rutas, sería bo que, os que tivesedes, trouxesedes prismáticos ou algún aparello semellante, ademais de roupa e calzado axeitados, claro está.