Google+ III Xornadas micolóxicas no Courel

Inicio  //  Axenda  //  III Xornadas micolóxicas no Courel

III Xornadas micolóxicas

Outro ano máis, e coa colaboura da Asociación Micolóxica “Os Cogordos” de Ourense (www.oscogordos.com), aproveiterémo-lo final do mes de Outubro para dar a coñece-la riqueza micolóxica desta Serra e, coma non, para realizar algún roteiro por estas paraxes e mergullarnos de pleno na riqueza culinaria da zona. Ademais, este ano saímos reforzados porque, despois de dous anos, os programadores do calendario do fútbol percatáronse de que non poden loitar connosco e decidiron cambia-la data do Barcelona- R.Madrid para non coincidir coa nosa saída.

 As actividades destas III Xornadas Micolóxicas desenvolveránse os días 24 e 25 de Outubro polos arredores de Seoane do Courel, seguindo estes horarios:

Sábado, 24 de Outubro:

-10:00h.: Reunión no Café-Bar Pombo, na entrada de Seoane. Presentación dos grupos para a saída ó campo ( éstes serán de ó redor de 20 personas por monitor).

-10:15h.: Saída ó campo na precura dos cogumelos. Faremos unha ruta duns 3-4 Km., accesible a todo o mundo, e cunha parada no medio para xantar de campo.

-16:00h.(aprox.): Reunión de tódolos grupos en Seoane para a explicación das especies que non se puidesen identificar no campo, realización de preguntas ós monitores, consultas, dúbidas, etc.

-18:00h.(aprox.). Degustación dos cogumelos recollidos.

-21:00h.(aprox.): Cea tradicional en Paderne*. Para esta cea contamos coa colaboración de Casa Caselo (www.casacaselo.com) e Casa As Triegas (www.astriegas.com). En ámbalas dúas Casas o menú incluirá productos caseiros e carnes da zona, ademais de bebidas, postres, café,... En definitiva, dous menús de luxo e, sobor de todo, de sabor. O precio desta cea será de 14€/persona ( 9€ os nenos ata 12 anos).

Domingo, 25 de Outubro:

-10:30h.: Reunión no Café-Bar Pombo.

-10:45h.: Realización dunha ruta, dirixida por Pía Paxaro (www.piapaxaro.com), na que poderemos comproba-los coñecementos adquiridos o día anterior, así coma recoller algún cogumelo para levar ás nosas casas. Ademais, claro é, aprenderemos algo dos bosques, prantas e etnografía destas montañas. A ruta será de 6-7 Km.e tamém apta para tódolos públicos ( no que a dificultade se refire).

-14:00h.(aprox.): Fin das Xornadas.

-14:30h.: Para os que queiran, e antes de emprende-lo camiño de volta, hai a posibilidade de realizar un xantar conxunto* en Casa Ferreiro de Seoane. O precio do mesmo sería de 12€ por persoa.

 

PRECIO E XEITO DE PAGAMENTO

Xornadas: 15€/persoa

(menores de 12 anos: 6€)

Para vos inscribir nas actividades ou realizar calqueira pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamando ó: 687001304 (Marcos).

O xeito de pagamento é por ingreso ou transferencia bancaria do importe íntegro na conta de Abanca nº:

ES52 2080 5025 3330 0017 0056        Titular: Marcos Reinoso Domínguez

Reflectindo no concepto “Xornadas Micolóxicas” , así coma o nome do matriculado.

As prazas son limitadas e por orde de matriculación.

*: Tanto a cea do sábado coma  o xantar do domingo son voluntarios, e se pagarán no mesmo restaurante. No momento de formaliza-la reserva agradeceriamos que nos indicasedes se estades interesados en apuntarvos ós mesmos, para poder reserva-las prazas nos restautantes respectivos.

ALOXAMENTO:

 

Na zona hai numerosas posibilidades de aloxamento; todos estes enlaces están na nosa web. Inda así, para calqueira dúbida sobre ubicación, precios,... contactade connosco vía email ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou móbil (687001304).

 

IMPRESCINDIBLE:

 

 -Cesta de bimbio e navalla

-Calzado adecuado

-Roupa de abrigo e/ou auga

-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 24.

-Chaleco reflectante ( recomendable).

 E, para os que, por calquiera cousa non vos podedes apuntar nestas Xornadas, adiantarvos que os días 21 e 22 de Novembro teredes unha nova oportunidade coas I Xornadas Micolóxicas de Becerreá, que organizamos conxuntamente con Findes nos Ancares Galegos (www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323) e nas que contaremos coa sabia colaboración do micólogo José Castro ( membro fundador da Sociedade MicolóxicaLucus). En breve subiremos toda a información desta actividade.