Google+ Rutas no 2016

Inicio  //  Axenda  //  Rutas no 2016

Rutas en colaboura co Camping

Este ano, ademais de seguir facendo as rutas habituais de tódolas fines de semana (os interesados non tedes máis que poñervos en contacto connosco para coñecer máis das mesmas, ata se preferides vir pola semana), e conxuntamente cos nosos amigos do Acampamento Caurel (http://www.acampamentocaurel.com/), organizaremos unha serie de rutas exclusivas e gratuitaspara os que estean aloxados no Cámping durante eses días. Así que, xa sabedes, se queredes descubrir O Caurel e os seus segredos doutro xeito, non tedes máis que aloxarvos no Camping, que as rutas as poñemos nós.

 Tódalas rutas sairán do Cámping a iso das 10:30h., e son as seguintes, sempre en sábado:

 -5 Marzo, Ruta etnográfica: Ruta dos sequeiros de Mostad e ruta do Castro de Monte Cido e Castelo de Carbedo. Aproximadamente: 10Km. Dificultade: media.

 -19 de Marzo, Ruta do Lor: Dende o Cámping, pola beira do Lor ata a Poza das Mulas; volta polo Camín Real. Aprox.: 12Km. Dificultade: media

 -2 de Abril, Ruta dos Cumios: Devesa da Rogueira dende Alto do Couto; volta por Formigueiros e parada na Lucenza. Aprox.: 10Km. Dificultade: media.

 -9 de Abril, Ruta kárstica: Ruta do Val das Mouras saíndo dende o cámping. Aprox.: 10Km..Dificultade: media-baixa.

 -23 de Abril, Ruta Primeiras Orquídeas: Ruta do Río Pequeno, saíndo dende o Camping; parada na Fervenza da Poza da Grada e volta dende o pontón dos Cangos. Aprox.: 15Km. Dificultade: media.

 -7 de Maio, Ruta dos Cumios II ( a Consagración da Primaveira) : Devesa da Rogueira dende Alto do Couto; volta por Formigueiros e parada na Lucenza. Aprox.: 10Km. Dificultade: media.

 -21 de Maio, Ruta da Primaveira e das Orquídeas: Ruta do Monte Cido, visita ó Alto do Couto. Aprox.: 12Km. Dificultade: media.

 -4 de Xuño, Ruta das Árbores: Ruta da Devesa da Rogueira dende Moreda e visita á Lagoa da Lucenza. Aprox.: 10Km. Dificultade: alta.

 -11 de Xuño, Ruta do Lor II: ruta dos sequeiros de Mostad ampliada ata a Ferrería de Locai. Pola tarde, visita ó Val das Mouras. Aprox.: 10 + 2Km. Dificultade: media.

 E, como xa dixemos enriba, ademais destas rutas exclusivas para estas datas, o resto dos días seguiremos saíndo ó campo, ensinando as marabillas destas montañas, independentemente de onde esteades aloxados. Contactade connosco sen compromiso e vos informaremos de tódalas actividades.