Google+ Rutas Semana Santa 2016

Inicio  //  Axenda  //  Rutas Semana Santa 2016

Rutas Semana Santa 2016

Esta Semana Santa temos preparadas catro rutas nas que daremos a coñecer algunha das paraxes máis descoñecidas e fermosas de O Caurel. Ademais, algunha destas rutas se adaptan perfectamente ós nenos, que así poderán presumir de dominio de “Coñecemento do Medio” ó se reincorporar ás clases.

As rutas previstas son as seguintes ( podería haber variacións dependendo do tempo, estado da ruta,...):

-Xoves 24, Ruta etnográfica: Monte Cido e Castelo de Carbedo.
-Venres 25, Ruta por Lóuzara, O Caurel descoñecido.
-Sábado 26, A Paisaxe: Devesa Pequena de Paderne + Fervenza da Poza da Grada.
-Domingo 27, Primeiras orquídeas e a Erosión: Ruta Seoane-Val das Mouras- Seoane.

Os menores de 12 anos farán as rutas de balde ( se veñen acompañados por adultos); ademais, temos prezos especiais para os que esteades aloxados nalgún dos estabrecementos hosteleiros (Casas Rurais, Acampamento, Albergue,...) de O Caurel.

Se queredes máis información sobre horarios, prezos, etc., non dubidedes en contactar connosco sen compromiso.

Xornadas Micolóxicas