Google+ Ven a montaña galega en verán

Inicio  //  Axenda  //  Ven a montaña galega en verán

Vén á Montaña Galega este verán

 (25 e 26 de Xullo ou 15 e 16 de Agosto)    

Ó Este da provincia de Lugo, sendo fronteira natural con León e mais Asturias, topamos dúas Serras que mantiveron, gracias ó seu aillamento secular, intacta a esencia do rural gallego: As Serras de Os Ancares  e O Caurel.

Nelas topámo-los bosques de montaña máis virxes do país, ademais dun conxunto etnográfico sen parangón. Durante estes dous días levaremos ó cabo dúas rutas interpretativas co obxectivo de dar a coñecer este territorio no que se concentra máis do 50% da biodiversidade galega. Ademais, coma non podería ser menos, aproveitaremos para empaparnos da cultura gastronómica da zona.

 Para poder visitar estas dúas Serras e podernos facer así unha idea das súas diferencias e similitudes, estabrecémo-lo noso “campamento base” no Concello de Becerreá, en concreto no Hotel “Os Ancares” deste municipio, pois éste é o epicentro ideal para as nosas visitas.

Nesta primeira ocasión eleximos dúas rutas que aúnan frondosos bosques e mais paisaxes únicas. Estas rutas son:

 

Sábado:

 Ruta de Os Tres Bispos (Ancares):  ruta circular duns 16Km., de dificultade media e dunha duración aproximada de 7 horas. Nela, ademais de atravesar un frondoso bosque atlántico de montaña, os máis ousados poderán ascender ata o cumio que dá nome á ruta, a algo máis de 1800m.de altura e dende o que disfrutaremos dunha amplia panorámica da comarca do Bierzo.

Ademais, aproveitarémo-la xornada para visita-lo núcleo de Piornedo de Ancares, no que se conservan as vivendas típicass da zona, as Pallozas.

 

 Domingo:

 Ruta de A Devesa de A Rogueira (Caurel): ruta circular de 8 Km., de dificultade media e que nos levará ó redor de 4 horas. Visitaremos un dos pulmones da Península pola súa parte alta ( non en van, a Devesa de A Rogueira foi calificada por National Geographic coma un dos bosques mellor conservados de Europa), achegándonos ás súas fontes, das que manan augas medicinais e completando a ruta polo pico Formigueiros, de algo máis de 1600m.e punto máis alto de O Caurel.

Unha vez rematada a ruta, aproveitaremos para visita-la aldea de Paderne, na que completarémo-lo nosoo itinerario cun xantar que ninguén esquecerá ( embutidos caseiros, pan feito en forno de leña, caldos e carnes da zona...).

 Precio e xeito de pago:

 O precio dos dous días, incluíndo rutas guiadas, dúas noches de aloxamento en habitación dobre en Hotel Os Ancares, pensión completa ( o sábado o xantar será un picnic) e mais desprazamento en autobús* dende Becerreá ata o inicio das rutas é de 145€/persona.

Para os nenos menores de 14 anos que veñan acompañados de maiores e durman en cama supletoria, o precio será de 75€.

Se algún dos asistentes quixese aloxarse nunha habitación individual, o precio incrementaríase en 50€.

 Para face-la reserva, tendes que mandárno-lo voso nome completo e un teléfono de contacto ó  email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben contactar connosco nos seguintes teléfonos: 687001304 (Marcos) ou 610449673 (Agustín).

 O pago íntegro da estancia e as actividades, faráse “in situ”, unha vez cheguedes ó Hotel ( ATENCIÓN: o Hotel non dispón de TPV, inda que en Becerreá sí hai caixeiros automáticos de Abanca e Banco Pastor).

 Ademais, se algún dos apuntados fose vexetariano ou alérxico a algún alimento,  informádenos.

 *: para o desprazamento en autobús cómpre que, cando menos, haxa 15 persoas inscritas; no caso de non acadaar ese número mínimo, os desprazamentos serían en coches particulares e o precio final sería de 125€ ( 55€ os menores de 14 anos).

 Contacto:

 Para calqueira tema, non dubidedes en contactar connosco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304 (Marcos)

Tendes máis información en: www.piapaxaro.com ou www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323