Google+ Xornadas sobre o lobo ibérico

Inicio  //  Axenda  //  Xornadas sobre o lobo ibérico

Xornadas sobre o lobo ibérico

 FIN DE SEMANA SOBRE O LOBO EN BECERREÁ

O lobo é, quizais, o mamífero máis mítico da fauna ibérica. A relación home-lobo, xa dende o inicio da súa convivencia no planeta, non foi fácil e, en concreto, na Península Ibérica levou ata a poñer en perigo a poboación dun dos dous. Non en van, a loita polo territorio destes dous grandes depredadores provocou non só o aillamento xeográfico das poboacións do cánido salvaxe, senón tamén a xeración de lendas e mitos ó redor do mesmo, algunhas das cales levaron á súa caza indiscriminada.

 Hoxe en día semella que a poboación de lobos está en franca recuperación gracias á loita de xente coma Félix Rodríguez de La Fuente ou Luis Miguel Domínguez ( Lobo Marley). Nembargantes, a loita debe continuar sen tempo para relaxarse, pois o medo atávico do ser humano contra o lobo ( potencial competidor) segue aí: home e lobo están condenados a entenderse ou, máis ben, o home está obrigado a entender ó lobo, pois é éste o único xeito de vence-lo medo ó descoñecido.

 Para falarnos do lobo, de canto hai de mito e de realidade en todo o que o rodea, e de como fomentar esta convivencia, contaremos coa presencia do recoñecido naturalista Luis Miguel Domínguez, un dos máis importantes divulgadores da rica biodiversidade ibérica, colaborador ou productor en programas da Cadena Ser, Cuatro TV e TVE, entre outros, e que leva gran parte da súa vida loitando pola recuperación do hábitat do lobo. En internet tedes multitude de entradas nas que se fai referencia a Luis Miguel, pero eiquí vos deixamos un enlace de Lobo Marley, a súa aventura “lobuna”: http://lobomarley.org/es/

 Desenvolvemento

 O aloxamento e maila parte teórica das xornadas terán lugar no Hotel “Os Ancares”  de Becerreá; c/ Anovello, 4 ( Bar) que abrirá as súas portas para este evento. ( www.facebook.com/pages/Findes-nos-Ancares-galegos/1414310955477323)

 Venres, 19 de Xuño:

 - A partires das 19:00h.: recepción dos participantes no Hotel.

 - 21:30h.: cea e presentación da actividade por parte de Luis Miguel Domínguez. Durante a cea, Luis Miguel departirá cos asistentes e respostará ás súas preguntas de xeito persoal e informal.

 Sábado, 20 de Xuño:

- 9:00h.: Almorzo.

- 10:00h.: Conferencia:"Démoslle unha oportunidade ó lobo"

- 14:30h.: Xantar.

- 16:30h.: Ruta guiada por Pía Paxaro ( www.piapaxaro.com)

- 20:30h.: Proxección de “En Tierras de Lobos”, excepcional documento sobre a convivencia deste animal coa poboación das montañas.

- 21:30h.: cea.

  Domingo, 21 de Xuño:

-  9:00h.: almorzo

- 10:00h.: ruta guiada*

- 14:30h.: Xantar.

- 17:00h.: fin da actividade.

*NOTA: a idea, na ruta do domingo, é visitar un Foxo de lobos, pero isto vai depender da súa accesibilidade. Se non, buscariamos rutas accesibles para tódolos asistentes.

Prezos*:

·         Rutas e charlas: 60€.

·         Rutas e charlas + unha noite de aloxamento:80€.

·         Rutas e charlas + dúas noites de aloxamento: 99€

·         Rutas e charlas + pensión completa do sábado (aloxamento, xantar e cea) + almorzo e xantar do domingo: 120€ ( 130€  apuntándose a partires do 12 de Xuño).

·         Todo incluído: rutas e charlas + dúas noites en réxime de pensión completa: 150€ ( 170€ apuntándose a partires do 12 de Xuño).

·         Prezos especiais para acompañantes ou nenos en cama supletoria. Calqueira dúbida con estes prezos, contactade connosco.

 

 *Estes prezos de aloxamento son para habitación dobre. Se alguén quere habitación individual, o precio se incrementará 50€ ( 2 noites) ou 30€ (1 noite). Se vides solos e queredes compartir habitación, facédeno-lo saber.

Informádenos tamén se algún dos apuntados fose vexetariano ou alérxico a algún alimento.

Forma de pago-reserva:

 Para face-la reserva, cómpre poñerse en contacto connosco a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou os teléfono 687001304 (Marcos) ou 610449673 (Agustín)

  Como queira cás prazas son limitadas, será necesario formaliza-la reserva mediante un ingreso de 30€ no nº de cuenta del BANCO DE SABADELL, especificando o nome do que fai o ingreso, así coma “ Xornadas sobre o Lobo” no asunto:

 ES16 0081 7630 1700 0113 7121

Titular: Agustín Prado López

Os cartos restantes se abonarían na presentación das Xornadas.

Para poder desenvolve-las xornadas, necesitamos ter un número mínimo de 15 participantes.

 Contacto:

Para cualqueira cuestión non dubidedes en poñervos en contacto connosco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304 ou 610449673 .