Google+ Xornadas Sobre o Oso Pardo 27 e 28 Ou

Inicio  //  Axenda  //  Xornadas Sobre o Oso Pardo 27 e 28 Ou

Xornadas Sobre o Oso Pardo 27 e 28 Ou

 

¿Queres saber máis sobre o oso pardo Cantábrico?, ¿estás interesado en coñece-la realidade do oso en Galiza?, ¿queres pasar unha fin de semana na montaña de Lugo, adquirindo coñecementos sobre o plantígrado, facendo rutas e disfrutando da gastronomía e das paisaxes da zona, co outono no seu esplendor?.

Pois ben, os días 27 e 28 de Outubro, coa colaboura da Fundación Oso Pardo , a Asociación Galega de Custodia do Territorio e Findes nos Ancares Galegos, adicarémolos a debatir sobre esta especie nun marco incomparable.

As Xornadas estarán estructuradas en tres bloques, que son os seguintes:

Sábado 27:

-9:45h.: Presentación no salón da Pensión “Os Ancares” de Becerreá ( c/Eugenio Rosón, 29).

-10:00h.: Charla aberta e gratuíta: “Retos de Conservación do Oso Pardo en Galiza: O Proxecto LIFE Oso Courel”. A charla correrá a cargo de Fernando Ballesteros Bienzobas, da FOP.

-12:00h.: Pausa

-12:30h.: Debate, turno de preguntas e intercambeo de ideas e opinións cos participantes.

-14:00h.: Descanso e comida.

-16:00h.: Charla para os inscritos na ruta do domingo e axente que se alojxe na Pensión “Os Ancares”: “Presentación sobre métodos de seguimento, pegadas e indicios”. Ponentes: Fernando Ballesteros (FOP) e Óscar Rivas (AGCT).

-20:00h.: Fin da Xornada.

Domingo 28:

--8:30h.: Saída ó campo. Ruta na que levaremos á práctica os coñecementos adquiridos na xornada do sábado pola tarde.

-14:30h.: Fin.

Prezos e xeito de pago:

Como xa se comentou, a charla e debate do sábado pola mañá será gratuíta.

O prezo da charla do sábado pola tarde y e a ruta do domingo será de 15€/persoa.

Ademais, existe aa posibilidade de aloxarse no mesmo estabrecemento no que se desenvolverán as charlas (Pensión “Os Ancares”), que fará prezos especiais ós que alí se aloxen para as Xornadas. O aloxamento pode incluir tamén réximen de media pensión ou de pensión completa. No caso de que esteaes interesados, non dudedes consultarnos estes prezos.

O xeito de pago sería “in situ”, durante o desenvovemento das Xornadas, tanto no que se refire á charla e ruta coma ó aloxamento e comidas.

Información e inscripcións (obrigatoria):

www.piapaxaro.com, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o 687001304.

www.findesnosancaresgalegos.com, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o 610449673