Google+ Pia Paxaro - Empresa rexistrada na Consellería de Cultura e Turismo co código: NR-LU-256

Inicio

Taller de Fotografía: Sácalle partido á túa Cámara Dixital

 

Obxectivos:

Os asistentes a este taller aprenderán a sacarlle o mellor proveito á súa cámara, independentemente de call sexa a mesma.

Obxetivo básico, coa mesma, é dar a coñecerO Caurel, así coma as posibilidades que esta zona ten para os amantes da fotografía, a natureza e a boa mesa.

Desenvolvemento:

Para imparti-lo taller, contaremos coa presencia do destacado fotógrafo vigués Marcos Canosa ( www.facebook.com/marcoscanosamaya).

O taller se desenrolará entre a noitiña do venres 14 de Setembro e a tarde do domingo 16. Durante estes dous días de convivencia e aprendizaxe, haberá tempo tamén para realizar algunha ruta guiada pola zona e poñer así en práctica os coñecementos adquiridos na aula.

As materias esenciais do temario teórico/práctico do taller son:

-O enfoque.

-Como reflecti-lo movemento.

-A composición.

-Utilización do zoom de xeito creativo.

Estas materias poderán variar e/ou ampliarse en función dos desexos dos asistentes e mais do tempo do que dispoñamos.

Destinatarios:

Calqueira que dispoña dunha cámara fotográfica dixital e que queira pasar un par de días en O Courel ó tempo que aprende a sacarlle rendemento a devandita cámara.

Prezo:

O prezo do taller é de 160€, incluíndo:

Aloxamento* en “Casa Caselo” (www.casacaselo.com) ou “Casa As Triegas” (www.astriegas.com) en habitación dobre e réxime de pensióncompleta (isto é: durmida os días 14 e 15, cea do venres 14, almorzo, xantar e cea o sábado 15 e almorzo e xantar o domingo 16.)

Como non, no precio están incluídas tamén as rutas guiadas por Pía Paxaro neses días (serán rutas adaptadas a todo o mundo, para disfrutar da natureza ó tempo que aprendemos a fotografiala).

Inicio e fin:

O taller comezará coa cea de presentación do venres, 14 de Setembro, ás 21:00h. e rematará na tarde do domingo 16.

Forma de pago-reserva:

Para facela reserva, cómpre poñerse en contacto connosco a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. oo o teléfono 687001304 (Marcos).

Como as prazas son limitadas, será necesario formaliza-la reserva mediante un ingreso de 30€ no nº de conta de Abanca:

ES52 2080 5025 3330 0017 0056

Titular: Marcos Reinoso Domínguez.

Indicando, no concepto: “Curso fotografía Setembro”

Os 130€ restantes poderedes aboalos na presentación do curso..

*NOTAS: como ben se di enriba, o precio inclúe aloxamento en habitación dobre ( unha ou dúas camas), se alguén quixese habitación individual, o precio incrementaríase 40€.

Tamén habería a posibilidade de que alguén acodese ó taller en familia ou coa parella, pero éstes só se apuntasen ás rutas e ás comidas. Se ése é o voso caso, temos unha tarifa para vós, consultádenos.

Ademais, se algún dos apuntados fose vexetariano ou alérxico a algún alimento, informádenos.

Contacto:

Para calqueira tema non dubidedes en poñervos en contacto connosco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304.