Google+ Pia Paxaro - Empresa rexistrada na Consellería de Cultura e Turismo co código: NR-LU-256

Inicio

Coñece ó gran depredador

Cómo

Da man do naturalista Agustín Pérez, que dende o ano 2000 vén facendo seguementos das poboacións de Lobo Ibérico en distintas bisbarras, traballando como voluntario, ademais, no Proxecto Lobo de Galicia e no Censo Nacional do Lobo Ibérico, nos adentraremos na Serra de O Courel e coñeceremos moito máis do depredador e das súas posibles presas, identificando comportamentos, pegadas e rastros das mesmas.

Agustín Pérez conta cunha ampla experiencia na ensinanza e na divulgación da realidade do Lobo Ibérico en Galicia. Ademais, para completa-lo Obradoiro, contaremos coa opinión de gandeiros e cazadores da zona, cos que desenvolveremos unha mesa redonda.

Cando

Os días 29 e 30 de Xullo

Onde

O noso centro de quedada, no que levaremos a cabo a parte teórica do Obradoiro, será Casa Sidro, en Louzarela. Dende alí tamén sairemos para face-las nosas rutas nas que descubriremos moitos segredos da fauna que habita nestas montañas. E, coma non, xantaremos e durmiremos na mesma Casa Sidro.

Horarios aproximados

Sábado 29

-10:00h.: Presentación e charla: “O Lobo Ibérico, ¿Qué coñeces?”

-14:00h.: Xantar

-16:30h.: Ruta para recoñecemento de rastros

-20:30h.: Mesa redonda e coloquio con gandeiros e cazadores.

-21:30h.: Cea

Domingo 30

-7:00h.: Almorzo e saída para a observación de fauna.

-13:00h.: Conclusións finais.

-14:30h.: Xantar

Canto:

150€*/persoa. Inclúe:

-Rutas e taller

-Unha noite en habitación individual* en Casa Sidro.

-Xantar e cea do sábado 29 e almorzo e xantar do domingo 30

*: en habitación dobre, o prezo sería de 135€/persoa.

Inscripcións e dúbidas:

-Pía Paxaro: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 687001304 (Marcos)

Para o correcto desenvolvemento da actividade o número máximo de persoas é de 10, sendo imprescindible un mínimo de 4, así que xa sabes…

Xornadas Micolóxicas