Google+ Pia Paxaro - Empresa rexistrada na Consellería de Cultura e Turismo co código: NR-LU-256

Inicio

O Caurel entre estrelas III

 

¿Quen, cando sae nunha noite despexada cara zonas pouco contaminadas, non se sente abraiado pola multitude de estrelas que iluminan o firmamento? , ¿ a quen non lle gustaría aprender a orientarse na noite con só botarlle un ollo ó ceo, como facían os nosos antergos?

Pois para esa xente, pero tamén para os que disfrutan camiñando entre frondosas montañas, temos preparada unha fin de semana especial o 19 e 20 de Agosto, para a que contaremos coa axuda inestimable da Asociación Astronómica de Ourense Astrourense”, que porá toda a súa sabedoría e os seus materiais de observación á disposición dos amantes ( ou curiosos) da astronomía.

Se hai algún sitio preto das estrelas e alonxado de contaminación ambiental e lumínica, no que poder observa-lo firmamento en todo o seu esplendor, ése é O Caurel, así que aproveitade esta oportunidade. Ademais, seguro que poderemos pedir algún que outro desexo, pois neses días xa estaremos na época das Perseidas.

Desenvolvemento:

Sábado, 19 de Agosto:

-10:30h.: Presentación na cafetería Pombo, de Seoane. Inicio de ruta guiada. Circular de aproximadamente 8 Km., de dificultade media. Tempo aproximado: 4h.

-16:30h.: Charla e exposición a cargo de Astrourense (www.astrourense.org) na Estación Científica de O Courel, en Seoane.

-20:00h.: Descanso.

-22:30h.: Saída ó campo con telescopios e demais material para a observación. Porémo-la nosa base-observatoria na zona de Teixeira-Louzarela, no N de O Courel, onde descubriremos un mundo de estrelas.

Domingo, 20 de Agosto

-11:30h.: Ruta guiada

-14:30h.: Fin

*: Hai posibilidade de facer un xantar e mais unha cea conxunta na xornada do sábado. Os que esteades interesados, non tedes máis que comunicárnolo. O prezo dos menús rondará os 14-15€. O xantar será na zona de Seoane (preto da Estación Científica) e a cea en Casa Sidro (www.casa-sidro.com) , preto do lugar onde desenvolverémo-la actividade nocturna.

Prezo e xeito de pago:

O precio das actividades para adultos é de 24€/persona. No caso dos nenos menores de 14 anos, o precio é de 15€. Este precio inclúe rutas, charlas e saída nocturna.

O pago desta cuota faráse “in situ”, na presentación da xornada.

As comidas ( xantar e/ou cea), pagaránse nos mesmos restaurantes e cómpre que nos informedes en caso de que querades anotarvos, para face-la reserva.

Haberá un número máximo de participantes, así que cómpre reservar plaza. Para isto é necesario poñerse en contacto connosco a través de correo electrónico ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou por teléfono (687001304, Marcos).

Nota:

En todo O Courel hai moitos sitios onde durmir. Non dubidedes en nos pedir información sobre os mesmos.

O Caurel entre estrelas