Google+ Paderne

Inicio  //  Entorno Pobos do Courel  //  Paderne

Paderne

Atopámonos na aldea de Paderne, situada a pouco máis de 900m de altitude e pertencente á parroquia de Meiraos.

Paderne é unha das aldeas máis vivas do Courel, a pesares de que únicamente dez das súas casas están habitadas todo o ano. O gando e os tractores forman parte da paisaxe desta aldea, próxima á fronteira entre os Concellos de Folgoso e Samos.


Berce dos músicos máis importantes do Courel, Os Padernes, hoxe Paderne abre tamén a súa porta ó turismo rural, con seis casas adicadas a esta actividade. Non en van, algunha das rutas máis importantes do Courel pasan por esta aldea, que conta entre as súas xoias naturais cunha das devesas mellor conservadas e máis inexpugnables da zona.

En Paderne a pedra, a pizarra e a madeira das súas casas van da man da súa paisaxe, o seu souto, a súa devesa e os seus campos, para deleite de calqueira amante da natureza.


A súa capela, adicada a San Martín, chama tódolos anos ós habitantes e ós emigrados a celebrar con devoción, música e viño a festa de agradecemento ó Santo outonal; iso si, adiantándoa ó mes de Xullo, que alá polo Outono toca recoller castañas.

Se queres coñecer máis esta aldea e os seus segredos, non dubides en poñerte en contacto connosco.

 Dúas rutas por Paderne:

-Ruta do Río Pequeno:

Aproveitando a antiga vía de comunicación entre Seoane, Paderne e Mercurín, esta ruta circular de máis de 14 Km pasa por algunha das paraxes máis hermosas da Serra. O camiño entre Paderne e Seoane discorre pola beira do río que lle dá nome á ruta, camiñando entre soutos e tupidas paraxes de frondosas; cogumelos e flores de tódalas cores nos agardan en calqueira esquina. Chegamos a Seoane e baixamos cara á Ferreiría Locay, por desgracia pechada; admiramos a desembocadura do Río Pequeno no pai Lor e emprendemos a subida cara Mercurín, pobo de sonado nome; pasado o pobo e o seu souto comenzamos a dura pendente que nos ha levar ó Castro de Brío; eiquí podemos descansar, admira-la paisaxe, coa Rogueira de fondo e, cun pouco de sorte, descubrir algunha orquídea. Xa repostos, baixamos pola zona de solaina, divisando Meiraos, Vilasibil e Miraz, antes de chegar de novo ó río e a Paderne, onde nos agarda o merecido descanso.

-Ruta da Escrita-Pedrafita-Paderne:

Baixando cara ó río dende Paderne polo camiño que leva a Mercurín comeza esta ruta circular de 13 Km. Unha vez chegamos ó río Pequeno, habemos segui-las indicacións que nos han levar cara a devesa da Escrita. Nunha zigzagueante e pronunciada subida poderemos admira-la devesa en toda a súa plenitude, ata chegar ó alto; aí, por unha pista de terra baixaremos cara a aldea de Pedrafita do Courel (límite do Concello de Folgoso). Xa nesta, e entre os seus calellóns, toparémo-lo sinal que habemos seguir para, nunca rápida baixada, voltar ó noso punto de orixe.