Google+ Prantas de O Courel

Inicio  //  Entorno Prantas de O Courel

Prantas de O Courel

Se por algo se caracteriza esta serra, é pola súa riqueza botánica: caseque o 50% das especies vexetais galegas as topamos neste territorio, que ocupa apenas un 5% da superficie da Comunidade.

Non pretendemos facer unha guía botánica ( consultade para isto os traballos de Javier Guitián e outros autores), senón amosar fotos dalgunhas desas especies, moitas das cales podemos topar nun paseo por algún dos sinalizados sendeiros courelás, sempre e cando lle deamos a volta ó dito e “o bosque nos permita ve-las árbores”; outras están máis agochadas, en lugares de difícil acceso.
As especies elexidas non teñen criterio definido: algunhas son comúns, outras máis raras ou escasas. Simplemente estaban aí nese día, e iso é xa dabondo. A intención é ir ampliando o archivo fotográfico co paso estacional, amosando así que os sendeiros dos que antes falabamos nunca serán iguais ó pasar dúas veces por eles, inda que si o sexan os ollos que os miran.

E, xa sabedes, se queredes buscar con nós algunha destas especies ou simplemente queredes ser vós os que lles fagades fotografías para o voso álbum, non dubidedes en nos chamar.
Por último, dicirvos que procuramos que este apartado sexa interactivo, así que se vedes algún erro ou tedes algunha cuestión, contactade con nós.

O Caurel entre estrelas