Google+ II Xornadas micolóxicas en O Courel

Inicio  //  Servizos Cursos e actividades na natureza  //  II Xornadas micolóxicas en O Courel

II Xornadas Micolóxicas no Courel

 Outro ano máis, e coa colaboura da Asociación Micolóxica “Os Cogordos” de Ourense (www.oscogordos.com), aproveiterémo-lo final do mes de Outubro para dar a coñece-la riqueza micolóxica desta Serra e, coma non, para realizar algún roteiro por estas paraxes e mergullarnos de pleno na riqueza culinaria da zona.

 As actividades destas II Xornadas Micolóxicas desenvolveránse os días 25 e 26 de Outubropolos arredores de Seoane do Courel, seguindo estes horarios:

 Sábado, 25 de Outubro:

 -10:00h.: Reunión no Café-Bar Pombo, na entrada de Seoane. Presentación dos grupos para a saída ó campo ( éstes serán de ó redor de 20 personas por monitor).

 -10:15h.: Saída ó campo na precura dos cogumelos. Faremos unha ruta duns 3-4 Km., accesible a todo o mundo, e cunha parada no medio para xantar de campo.

 -16:00h.(aprox.): Reunión de tódolos grupos en Seoane para a explicación das especies que non se puidesen identificar no campo, realización de preguntas ós monitores, consultas, dúbidas, etc.

 -18:00h.(aprox.). Degustación dos cogumelos recollidos.

 -21:00h.(aprox.): Cea tradicional en Paderne. Para esta cea contamos coa colaboración de Casa Caselo (www.casacaselo.com) e Casa As Triegas (www.astriegas.com). En ámbalas dúas Casas o menú incluirá productos caseiros e carnes da zona, ademais de bebidas, postres, café,... En definitiva, dous menús de luxo e, sobor de todo, de sabor.

 Domingo, 26 de Outubre:

 -10:30h.: Reunión no Café-Bar Pombo.

 -10:45h.: Realización dunha ruta, dirixida por Pía Paxaro (www.piapaxaro.com), na que poderemos comproba-los coñecementos adquiridos o día anterior, así coma recoller algún cogumelo para levar ás nosas casas. Ademais, claro é, aprenderemos algo dos bosques, prantas e etnografía destas montañas. A ruta será de 6-7 Km.e tamém apta para tódolos públicos ( no que a dificultade se refire).

 -14:00h.(aprox.): Fin das Xornadas.

 -14:30h.: Para os que queiran, e antes de emprende-lo camiño de volta, hai a posibilidade de realizar un xantar conxunto en CasaFerreiro de Seoane. Este xantar non está incluído no precio das actividades e pagaríase no mesmo local. O precio do mesmo sería de 12€ por persoa.

 PRECIO E XEITO DE PAGAMENTO

 -Xornadas: 12€/persoa

(menores de 12 anos: 6€)

-Xornadas+cea do sábado: 25€

(menores de 12 anos: 15€)

 

Para vos inscribir nas actividades ou realizar calqueira pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamando ó: 687001304 (Marcos).

 

O xeito de pagamento é por ingreso ou transferencia bancaria do importe íntegro na conta de Abanca nº:

 

ES52 2080 5025 3330 0017 0056        Titular: Marcos Reinoso Domínguez

 

Reflectindo no concepto “Xornadas Micolóxicas” ou ben “Xornadas + Cea”, así coma o nome do matriculado.

 As prazas son limitadas e por orde de matriculación.

 

 ALOXAMENTO:

 Na zona hai numerosas posibilidades de aloxamento; todos estes enlaces están na nosa web. Inda así, para calqueira dúbida sobre ubicación, precios,... contactade connosco vía email ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou móbil (687001304).

 IMPRESCINDIBLE:

 -Cesta de bimbio e navalla

-Calzado adecuado

-Roupa de abrigo e/ou auga

-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 25.

-Chaleco reflectante ( recomendable)

 

Xornadas Micolóxicas