Google+ Xornadas micolóxicas no Courel

Inicio  //  Servizos Cursos e actividades na natureza  //  Xornadas micolóxicas no Courel

XORNADAS MICOLÓXICAS NO COUREL

A actividade desenvolveráse os días 26 e 27 de Octubre

OBXECTIVOS:

A micoloxía é unha actividade que cada vez atrae a máis xente en Galicia. O noso obxectivo é, aproveitando a riqueza micolóxica da zona, que a xente aprenda a distingui-los cogumelos e que todos aqueles que non coñezan o Courel teñan, co desenvolvemento desta actividade, oportunidade do coñecer.


DESENVOLVEMENTO:

Para o desenvolvemento da actividade principal, contamos cos monitores da “Asociación micolóxica Os Cogordos”, de Ourense ( www.cogordos.com ); dende a súa fundación no ano 1983 son moitas as actividades culturais que esta asociación levou a cabo en toda Galicia.


ACTIVIDADES:

Sábado, 26 de Octubre:

- 10:00h.: xuntanza no Campo da Feira de Seoane ( na entrada do pobo vindo dende Folgoso). Saída en grupos organizados con monitores. Os grupos serán de ó redor de 15 persoas, para asegura-la boa aprendizaxe.

- 16:00h. (aproximadamente): retorno á aula. Proceso de identificación dos cogumelos recollidos, con explicacións por parte dos monitores das características taxonómicas de cada un.

- 19:00h. (aprox.): unha vez identificados os cogumelos, degustación dos que sexan comestibles (para o que contaremos coa colaboración dos estabrecementos hosteleiros), e elaboración dunha exposición con todas aquelas setas topadas durante a saída, quedando así refrectida a riqueza micolóxica da zona.

- 21:00h. (aprox.): cea* con productos caseiros en Casa Caselo (Paderne): embutidos, caldo, carnes da zona, postres artesanais; viño, café e chupitos.


Domingo. 27 de Octubre:

- 10:00h.: ruta de sendeirismo guiada, organizada por Pía Paxaro (www.piapaxaro.com)

- 14:00h. (aprox.): fin das xornadas.


PREZO:

O prezo das xornadas ( sen cea) será de 12€ por persoa (6 € para os nenos menores de 14 anos).
*: Xornadas + cea: 24€/persoa ( 15€ menores de 14 anos)
Para apuntarse ás actividades, cómpre mandar un email indicando nome e nº de teléfono a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben chamar a este móbil: 687001304 (Marcos).

O xeito de pago é por ingreso ou tranferencia bancaria do importe íntegro á conta de Novagalia Banco nº: 2080 5025 33 3000170056  

Titular: Marcos Reinoso Domínguez, reflexando no concepto “Xornadas Micolóxicas” ou “Xornadas + cea”, así coma o nome do matriculado.

As prazas son limitadas, e por orde de matriculación.

ALOXAMENTO:

Na zona hai múltiples posibilidades de aloxamento; todos estes enlaces están na nosa web. De tódolos xeitos, para calquera dúbida sobre ubicación, prezos,… contactade connosco a través de email ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou teléfono (687001304).

IMPRESCINDIBLE:

- Cesta de bimbio e navalla
- Zapatos adecuados
- Roupa de abrigo e de auga
- Bocadillo, froita, auga,… para a saída do sábado 26.
- Chaleco refrectante (recomendable)

O Caurel entre estrelas