Google+ VI Xornadas Micolóxicas en O Courel

Inicio  //  Servizos Roteiros guiados  //  Featured News  //  VI Xornadas Micolóxicas en O Courel

VI Xornadas Micolóxicas en O Courel

 

Outro ano máis, desta coa colaboración da Sociedade Micolóxica “Lucus de Lugo, aproveiterémo-lo mes de novembro para dar a coñece-la riqueza micolóxica desta Serra e, como non, para realizar algunha ruta por estas paraxes e mergullarnos de pleno na riqueza culinaria da zona.

Desta volta, e para un mellor desenvolvemento das actividades, limitámo-lo número de prazas, así que non deixedes de vos anotar. Ademais, este ano organizarémo-los grupos do sábado dependendo do voso coñecemento da materia para que a actividade sexa proveitosa para todos; para isto, cando vos inscribades, agradeceriamos que valorásedes de 1 a 5 canto considerades que sabedes de micoloxía.

As actividades destas VI Xornadas Micolóxicas desenvolveranse os días 17 e 18 de novembro polos arredores de Seoane do Courel, seguindo estes horarios:

Sábado, 17 de novembro:

-10:00h.: Reunión no Café-Bar Pombo, na entrada de Seoane. Presentación dos grupos para a saída ó campo ( éstes serán de ao redor de 20 persoas por monitor).

-10:15h.: Saída ó campo na procura dos cogomelos. Faremos unha ruta duns 3-4 Km., accesible a todo o mundo, e cunha parada no medio para xantar de campo.

-16:30h.(aprox.): Reunión de tódolos grupos en Seoane para a explicación das especies que non se puidesen identificar no campo, realización de preguntas ós monitores, consultas, dúbidas, etc., así como unha charla de introdución ó mundo dos fungos a cargo de Julián Alonso, presidente da Sociedade Micolóxica “Lucus”.

-21:00h.(aprox.): Cea tradicional en Paderne*. Para esta cea contamos coa colaboración de CasaCaselo e Casa As Triegas. En ámbalas dúas Casas o menú incluirá produtos caseiros e carnes da zona, ademais de bebidas, sobremesas, café,... En definitiva, dous menús de luxo e, sobre todo, de sabor. O prezo desta cea será de 15€/persoa ( 10€ os nenos ata 12 anos).

Domingo, 18 de novembro:

-10:30h.: Reunión no Café-Bar Pombo.

-10:45h.: Realización dunha ruta, dirixida por Pía Paxaro , na que poderemos comproba-los coñecementos adquiridos o día anterior, así comao recoller algún cogomelo para levar ás nosas casas. Ademais, claro é, aprenderemos algo dos bosques, plantas e etnografía destas montañas. A ruta será de 6-7 km.e tamén apta para tódolos públicos ( no que a dificultade se refire).

-14:30h.(aprox.): Fin das Xornadas.

-14:45h.(aprox.): Posibilidade* de xantar conxunto en Casa Sidro, de Louzarela. Prezo: 15€/persoa

PREZO E XEITO DE PAGAMENTO

Xornadas: 18€/persoa (menores de 12 anos: 8€)

Para vos inscribir nas actividades ou realizar calquera pregunta (sen compromiso), podedes contactar connosco por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando nome e nº de teléfono, ou ben chamando ó: 687001304 (Marcos).

Cando formalicéde-la inscrición, tal e como vos comentamos enriba, deberedes valorar de 1 a 5 o voso coñecemento micolóxico, para así poder organiza-los grupos de xeito máis proveitoso para todos.

O xeito de pagamento é por ingreso ou transferencia bancaria do importe íntegro do custo das Xornadas ( non da cea) na conta de Abanca nº:

ES52 2080 5025 3330 0017 0056 Titular: Marcos Reinoso Domínguez

Reflectindo no concepto “Xornadas Micolóxicas” , así como o nome do matriculado.

As prazas son limitadas e por orde de matriculación.

*: Tanto a cea do sábado coma o xantar do domingo son voluntarios, e se pagarán no mesmo restaurante. No momento de formaliza-la reserva agradeceriamos que nos indicásedes se estades interesados en apuntarvos ós mesmos, para poder reserva-las prazas nos restaurantes respectivos.

ALOXAMENTO:

Na zona hai numerosas posibilidades de aloxamento; todas estas ligazóns están na nosa web. Inda así, para calquera dúbida sobre ubicación, prezos,... contactade connosco vía email ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou móbil (687001304).

IMPRESCINDIBLE:

-Calzado axeitado

-Roupa de abrigo e/ou auga

-Bocadillo, froita, auga,... para a saída do sábado 17.

-Chaleco reflectante ( recomendable).