Google+ A Devesa Pequena de Paderne

Inicio  //  Servizos Roteiros guiados  //  A Devesa Pequena de Paderne

A Devesa Pequena de Paderne

Aproveitando a ponte, o venres 15 e mailo domingo 17 estamos a organizar unha ruta caseque descoñecida: A Devesa Pequena de Paderne. (http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7514101)
A ruta é circular, de ó redor de 10Km. e de dificultade media. O tempo estimada para a facer é de 3:30h. A saída ámbolos dous días será de Paderne ás 11:00h.
Na ruta poderemos disfrutar da panorámica da Devesa Grande de Paderne ( ou Devesa de A Escrita) denantes de nos adentrar na Devesa Pequena deste pobo durante algo máis de 1Km.; despois xa visitarémo-lo Castro de Brío dende o que comezarémo-lo rápido descenso de novo cara Paderne, durante o cal contemplarémos en todo momento o Val do Río Pequeno e os pobos da bisbarra de Meiraos.
E, para o que inda teña gañas, despois xa de xantar e contra a tardiña, visitarémo-la Poza da Grada, unha das fervenzas máis impresionantes e agachadas desta Serra, a algo máis de 1Km. do mesmo Paderne.

Mo que atinxe ó prezo: 6€/persoa a Devesa e 10€/persoa Devesa+Fervenza.
Para vos anotar, non tedes máis que chamar ó 687001304 ou mandarnos un email.