Google+ Ruta das Orquídeas (14-15 de Xuño)

Inicio  //  Servizos Roteiros guiados  //  Ruta das Orquídeas (14-15 de Xuño)

Ruta das orquídeas (14-15 de Xuño)

Este fin de semana, sairemos de novo na búsca de orquídeas, para o cal temos previsto facer dúas rutas:

-Sábado 14, ás 11:00h.: Subiremos dende Paderne ata o Alto de Brío, onde algunha orquídea nos agardará. Xa dende eiquí, baixaremos cara a Seoane pola ruta do Río Pequeno, voltando a Paderne e parando a visita-lo Pozo da Grada, unha das fervenzas máis fermosas e descoñecidas de O Courel.
A ruta enteira é de 14Km., unhas 5:00h de duración e de dificultade media. Os que non se atrevan con toda, poden quedar en Seoane, onde hai servicio de taxi ata Paderne, ou ben voltar dende o Alto de Brío ó punto de partida.

-Domingo 15, ás 11:00h.: faremos unha ruta polos arredores de Paderne, pois entre as súas calizas e os seus pastizais, toparemos algunha das fermosas flores que buscamos.

O Caurel entre estrelas