Google+ RUTAS PARA OS SANTOS

Inicio  //  Servizos Roteiros guiados  //  RUTAS PARA OS SANTOS

RUTAS PARA OS SANTOS

Esta fin de semana, aproveitando este verán tardío, temos preparadas tres rutas nas que, ademais de disfrutar do Sol, admirarémo-la inexorable chegada do outono e procuraremos topar algún cogumelo.

Eiquí vos van as rutas:

Venres 31,
-Devesa da Rogueira dende Moreda: percorreremos o bosque máis sobranceiro de O Courel, repleto agora de tonalidades e explicaremos "in situ" por que é un dos bosques mellor conservados de Europa.

Sábado 1,
-Ruta dos Sequeiros de Mostaz( pola mañá): ideal para entende-la etnografía e a cultura de O Courel.
-Val das Mouras (tarde): un dos bosques encantados desta serra. Musgos, fentos, castiñeiros e covas neste labirinto máxico.

Domingo, 2
-Devesa Pequena de Paderne (mañá): ideal para os amantes do impresionismo natural. Cores e máis cores no outono.


Se queredes máis información ( horarios, información das rutas, precios, etc.) non dubidedes en poñervos en contacto connosco.