Pía Paxaro adícase a organizar actividades centradas na interpretación da naturaleza na Serra do Courel. O noso obxectivo é dar a coñecer toda a bisbarra, amosando a súa extraordinaria riqueza paisaxística, botánica, faunística e etnográfica. Estas actividades son accesibles a todas e cada unha das persoas que queiran coñecer un pouco máis desta marabillosa paraxe.
Connosco poderás facer, por exemplo, roteiros de sendeirismo cun guía que che explique o que estás a ver, aprender a distinguir árbores, a facer fotos dunha flor ou dun paxaro.
E se queres buscar aloxamento ou restaurante, entra na web da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel, da que somos socios.
Non esquezas visita-la nosa axenda para sabe-lo que estamos a programar .
Calqueira actividade que che apeteza, non tes máis que propoñérnola.