Skip to content

Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas de Courel

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas de Courel, nace da unión dos concellos de Folgoso
do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, no sur da Provincia de Lugo, e constitúe un dos grandes valores
naturais e culturais de Galicia. Cunha extensión de aproximadamente 347 quilómetros cadrados,
ofrece unha auténtica experiencia para coñecer a rica biodiversidade do destino e descubrir a
relación da humanidade co paleozoico.
Os seus carreiros sinalizados serpentean a través de bosques de carballos, castiñeiros e bidueiros,
desde os cales se poden admirar impresionantes fervenzas, canóns profundos e vales. Estes
ecosistemas albergan unha variedade de especies de aves rapaces, así como grandes mamíferos, e
tamén contan cunha gran diversidade de plantas e árbores, incluíndo especies endémicas e
protexidas.
Ao visitar o Xeoparque Montañas de Courel, é importante coidar e protexer este valioso patrimonio
natural e cultural, polo que che recomendamos ter en conta estas boas prácticas durante a túa visita
para garantir a súa conservación.

Normas de coidado na contorna:
• Non deixaremos ningún tipo de desperdicio.
• Non danaremos a flora nin outros elementos naturais da contorna, nin colleitando, nin
cambiándoos de lugar.
• Coidaremos por onde pisamos en todo momento.
• Trataremos de permanecer en sendas e pistas, pisando o menos posible fose delas. Non nos
sairemos dos percorridos permitidos ou sinalizados.
• Evitaremos ser ruidosos e falaremos en voz baixa para non molestar á fauna nin a outros
usuarios do espazo.
• Deberemos respectar os dereitos dos propietarios das leiras, deixando portas e valados tal e
como os atopamos.

×