O que opinan de nós
Coñecín a Marcos traballando na aula da natureza do Courel. E dende entón, a súa intención de crear sinerxías, potenciar a cooperación e a axuda mutua entre nós foi unha constante. Del aprendín moitas cousas, porque é moi sabedor de nomes, de usos, de propiedades e características de plantas. Diría que é un deses "frikis" que lle encanta saír ao monte e durante horas observar moi de preto a natureza. Ademais coñece cada recuncho do Courel, polo que, as súas rutas, son sempre unha experiencia única e diferente.
Porén, o que máis admiro de Marcos son os seus principios e a súa coherencia con eles. Ten moi claro que a defensa da natureza e a conservación están moi por riba de calquera posibilidade laboral ou económica, e xa só con iso podo dicir que para min é un referente a seguir.
E tamén me gustaría reseñar a súa labor como integrante da asoc. de desenvolvemento rural do Caurel. Entidade referente no territorio e que permite que moitos proxectos do territorio poidan tecer redes e unir esforzos na promoción sustentable deste. Outonía s. Coop.
Desde la Sociedad Cooperativa Turismo Botánico radicada en el sureste español, hemos realizado varios viajes con el objetivo de conocer mejor la naturaleza y cultura de la Sierra del Caurel. En todos los viajes Marcos ha sido nuestro guía y han resultado todo un éxito. No solamente l@s clientes han quedado más que satisfechos con su labor de guía, si no que también ha sabido dar soluciones a los imprevistos que siempre pueden surgir durante los viajes de naturaleza.
Es un gran conocedor de su tierra y como tal, nos ha mostrado una inmensidad de lugares que si visitará un usuario de manera autónoma, difícilmente iba a poder disfrutar. Por eso, es capaz de convertir un viaje de naturaleza en algo inolvidable para el cliente. Podríamos decir que está ubicando en el mapa el Caurel para la gente del sureste ibérico que no sabía de su existencia, y eso tiene un gran valor para toda la comarca y sus habitantes.
Marcos de Piapaxaro é desas persoas positivas, dinámicas e comunitaria que cren que se pode vivir dignamente no rural e transmite en cada saída a súa pasión e coñecemento do Caurel. Explica como ninguén ó noso entorno, polo que é peza indispensable se queres coñecer o xeoparque. Non dubides en asistir ás súas xornadas, aprenderas no mellor escenario posible cun gran coñecedor da serra e das súas xentes.
A miña opinión de Pía Paxaro e Marcos Reinoso é máis que positiva: Coñecementos a moitos niveis amplos e ben transmitidos, seriedade e profesionalidade no seu traballo e un gran control do territorio fan que a experiencia sempre sexa gratificante e satisfactoria. Ademais o trato con Marcos é próximo e agradable polo que só podo recomendar participar nas súas actividades e contar cos seus servizos que non defraudarán.
Julián Alonso , técnico de investigación na USC e membro fundador da Sociedade Micolóxica Lucus
Marcos Reinoso, Piapaxaro, é un exquisito profesional con amplos coñecementos e gran sensibilidade polo mundo natural. A súa implicación e vinculación co territorio son a mellor mostra do seu compromiso e aprecio pola montaña e a súa xente, sendo a súa mellor carta de presentación. Unha visita guiada con Piapaxaro ao Courel, ou mesmo aos Ancares, é sobre todo unha forma amable e sosegada de coñecer o territorio en todos os seus matices, convertíndo o noso paseo nunha experiencia enriquecedora e plenamente satifactoria… Sen dúbida, se nestas montañas non existira alguén coma Marcos, habería que inventalo.
Óscar Rivas. AGCT (www.custodiadoterritorio.org)
Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela
Antonio Rigueiro RodríguezExdirector da Estación Científica do Courel
... Pía Paxaro ofrece aos habitantes e visitantes do Courel, de forma rigorosa pero tamén amena, enriquecedoras e inesquecibles experiencias que lles permiten coñecer e mergullarse nos seus valores naturais e culturais: os cogomelos, as orquídeas, as paisaxes, as covas, os bosques, as árbores, os monumentos vexetais, as plantas medicinais, os paxaros, o oso, a arquitectura popular, a historia, o patrimonio arqueolóxico e etnográfico...procurando que os visitantes non só pasen pola serra courelá senón que leven tamén anacos dela no seu corazón. E Marcos Reinoso Domínguez, o xerente de Pía Paxaro, é un vigués que hai oito anos deixou a súa cidade natal para instalarse en Paderne do Courel, onde creou esta empresa que se dedica a organizar actividades de turismo rural sostible, atraendo visitantes a esta fermosa bisbarra, mulleres e homes, nenas e nenos que aportarán á súa economía e se irán amando este recuncho de Galicia, xa que o coñecerán en profundidade e xa sabemos que só se ama o que se coñece. Se con Pía Paxaro visitas O Courel...quedaranche moitas ganas de volver ...<<Leer testimonio completo>>