PÍA PAXARO
Dende Informáticos Galicia.es, vecíns cos que temos a sorte de departir a miúdo, xa que son tamén
os encargados de levarnos a web, pídenme que faga un pequeno texto de introducción no que
explique que é Pía Paxaro.
Pois, por se a lista de actividades organizadas dende 2013 ou as opinións sobre nós dos distintos axentes que traballan no territorio que podedes ver nesta páxina non son suficientes, dicirvos só que Pía Paxaro é paixón e compromiso: paixón pola natureza, a etnografía, a paisaxe,… e compromiso
coas xentes que viven nas Serras Orientais.
É, en fin, o mellor xeito que se nos ocorreu para facervos chegar esa paixón e ese compromiso, a
través de actividades adaptadas a tódolos públicos ou de rutas interpretadas nas que buscaremos, dalgún xeito, que vós tamén vos comprometades , porque vós sodes imprescindibles para manter a identidade deste espazo natural único.
Cremos nun turismo responsable, baseado no profundo respecto a un territorio que foi modelado
polo home dende hai séculos e que merecería a declaración de Parque Natural.
Se o que buscades son rutas nas que facer moitos quilómetros en pouco tempo ou salvar grandes
desniveis , nós non somos a vosa opción. Se buscades ese turismo parsimonioso, no que alguén vos axude a entender e , incluso, a comprender, contade con Pía Paxaro.
Vivimos no Courel e vivimos O Courel cada día e gustaríanos que vós o vivisedes connosco.
Vós elexides o camiño, nós axudámosvos a interpretalo. Porque, para nós, “o camiño é o medio,
pero nunca o fin”.
Por se queredes seguir informándovos:
-Campo Galego
-El Asombrario
-TVG
-Política Lingüística
-TVE, 8Ocm.