
Fecha/Hora
Date(s) - 12 - Maio - 2024
10:00 a.m. - 2:30 p.m.
Categorías
A primavera courelá é unha explosión floral e, ao longo da mesma, pero sobor de todo no mes de maio, boa parte dos afloramentos calcarios da serra convírtense en auténticos xardíns nos que desfrutar de centos de especies de plantas en flor, entre as que destacan as orquídeas.
En grupo pequeno, como non pode ser doutro xeito, tentaremos amosar moitas cousas e curiosidades destas flores, ao tempo que comprendemos algo máis do seu hábitat.
INSCRICIÓNS:
As reservas faranse exclusivamente a través da sección de “eventos” da web www.piapaxaro.com. Ao facer a reserva, indicar teléfono de contacto, ademais de nome completo e correo electrónico.
Reservas
Las reservas están cerradas para este evento.