Skip to content

Primeiras orquídeas

Fecha/Hora
Date(s) - 3 - Maio - 2025
10:00 a.m. - 2:30 p.m.

Categorías


Ruta guiada para grupo pequeno, na que non só descubriremos e aprenderemos a diferenciar algunhas das 25 especies de orquídeas que hai na Serra do Courel, senón que tamén falaremos dos hábitats nos que as podemos atopar, visitando algún lugar moi especial.

Ideal para aprender destas fermosas flores ao tempo que, se queremos, podemos facer fotografías das mesmas.

Non camiñaremos moito, pero para o paseo é imprescindible levar roupa e calzado axeitados (pantalón longo) e auga e é moi aconsellable algún tipo de protector solar.

Os espazos que visitaremos, así como as especies que identificaremos, requiren do noso coidado. O respeto é o mellor xeito de valoralos.

Unha vez que vos anotedes, contactaremos convosco para mandarvos información detallada do lugar onde quedaremos para iniciar a actividade.

Reservas

Entradas

15,00 €

Registration Information

Booking Summary

1
x Entrada Estándar
15,00 €
Prezo Total
15,00 €
×