
Fecha/Hora
Date(s) - 24 - Outubro - 2026 - 25 - Outubro - 2026
Todo o día
Categorías
XIII Xornadas Micolóxicas en O Courel
Outro ano máis, e coa colaboración da Sociedade Micolóxica “Lucus” de Lugo, a Estación Científica de Courel e mais a Asociación Galega de Custodia do Territorio aproveitaremos o mes de outubro para dar a coñecer a riqueza micolóxica desta Serra e, como non, para aprender máis destas paraxes e mergullarnos de pleno na riqueza culinaria da zona.
Desta volta, e para un mellor desenvolvemento das actividades, limitamos o número de prazas, así que non deixedes de anotarvos.
As actividades destas XIII Xornadas Micolóxicas desenvolveranse os días 24 e 25 de outubro polos arredores de Seoane do Courel, seguindo estes horarios:
Sábado, 24 de outubro:
-10:00h.: Reunión na Estación Científica de Seoane. Presentación dos grupos para a saída ó campo ( éstes serán de ó redor de 16 persoas por monitor).
-10:15h.: Saída ó campo na procura dos cogomelos. Faremos unha ruta duns 3-4 Km., accesible a todo o mundo, e cunha parada no medio para xantar de campo.
-16:30h.(aprox.): Reunión de tódolos grupos en Seoane para a explicación das especies que non se puidesen identificar no campo, realización de preguntas ós monitores, consultas, dúbidas, etc., así coma charlas sobre micoloxía a cargo de membros da Sociedade Micolóxica “Lucus”.
-21:00h.(aprox.): Cea tradicional en Paderne*. Para esta cea contamos coa colaboración de Casa Caselo e Casa As Triegas. En ámbalas dúas Casas o menú incluirá produtos caseiros e carnes da zona, ademais de bebidas, sobremesas, café,… En definitiva, dous menús de luxo e, sobre todo, de sabor. O prezo desta cea será de 22€/persoa.
Domingo, 25 de outubro:
-10:30h.: Reunión na Estación Científica.
-10:45h.: Realización dunha ruta, dirixida por Pía Paxaro e a AGCT, na que poderemos comproba-los coñecementos adquiridos o día anterior. Ademais, claro é, aprenderemos algo dos bosques, plantas e etnografía destas montañas. A ruta será de 5-6 Km.e tamén apta para tódolos públicos ( no que a dificultade se refire).
-14:30h.(aprox.): Fin das Xornadas.
-14:45h.(aprox.): Posibilidade* de xantar conxunto.
ALOXAMENTO:
Na zona hai numerosas posibilidades de aloxamento; todos estes enlaces están na web da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel. Se tedes algunha dúbida, contactade connosco.
INSCRICIÓNS:
As reservas faranse exclusivamente a través da sección de “eventos” da web www.piapaxaro.com. Ao facer a reserva, indicar teléfono de contacto, ademais de nome completo e correo electrónico.
Chegaravos ao correo a confirmación de reserva co número de conta ou o bizum no que teredes que facer o ingreso das prazas reservadas. Sen esa acción, a praza non se reservará definitivamente.
IMPRESCINDIBLE:
-Calzado axeitado
-Roupa de abrigo e/ou auga
-Bocadillo, froita, auga,… para a saída do sábado 24.
-Chaleco reflector ( recomendable).
Reservas
Las reservas están cerradas para este evento.
