Skip to content

XI Xornadas Micolóxicas no Courel

Fecha/Hora
Date(s) - 26 - Outubro - 2024
Todo o día

Categorías


Outro ano máis, e coa colaboración da Sociedade Micolóxica “Lucus de Lugo e a Estación Científica de Courel  aproveitaremos o mes de outubro para dar a coñecer a riqueza micolóxica desta Serra e, como non, para aprender máis destas paraxes e mergullarnos de pleno na riqueza culinaria da zona.

Desta volta, e para un mellor desenvolvemento das actividades, limitamos o número de prazas, así que non deixedes de anotarvos.

As actividades destas XI Xornadas Micolóxicas desenvolveranse na xornada do sábado 26 de outubro polos arredores de Seoane do Courel, seguindo estes horarios:

Sábado, 26 de outubro:

-10:00h.: Reunión na Estación Científica de Seoane. Presentación dos grupos para a saída ó campo ( éstes serán de ó redor de 16 persoas por monitor).

-10:15h.: Saída ó campo na procura dos cogomelos. Faremos unha ruta duns 3-4 Km., accesible a todo o mundo, e cunha parada no medio para xantar de campo.

-16:30h.(aprox.): Reunión de tódolos grupos en Seoane para a explicación das especies que non se puidesen identificar no campo, realización de preguntas ós monitores, consultas, dúbidas, etc., así coma charlas sobre micoloxía a cargo de Julián Alonso, José Castro e Cristina García-Echave membros da Sociedade Micolóxica “Lucus”.

-21:00h.(aprox.): Cea tradicional en Paderne*. Para esta cea contamos coa colaboración de Casa Caselo e Casa As Triegas. En ámbalas dúas Casas o menú incluirá produtos caseiros e carnes da zona, ademais de bebidas, sobremesas, café,… En definitiva, dous menús de luxo e, sobre todo, de sabor. O prezo desta cea será de 20€/persoa.

ALOXAMENTO:

Na zona hai numerosas posibilidades de aloxamento; todos estes enlaces están na web da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel. Se tedes algunha dúbida, contactade connosco.

INSCRICIÓNS:

As reservas faranse exclusivamente a través da sección de “eventos” da web www.piapaxaro.com. Ao facer a reserva, indicar teléfono de contacto, ademais de nome completo e correo electrónico.

Chegaravos ao correo a confirmación de reserva co número de conta no que teredes que facer o ingreso das prazas reservadas. Sen esa acción, a praza non se reservará definitivamente.

IMPRESCINDIBLE:

-Calzado axeitado

-Roupa de abrigo e/ou auga

-Bocadillo, froita, auga,… para a saída.

-Chaleco reflector ( recomendable).

Reservas

Entradas

Tipo de entrada Prezo Espazos
Entrada Estándar
XI Xornadas Micolóxicas
18,00 €
Entrada Nenos 10,00 €

Registration Information

Booking Summary

Please select at least one space to proceed with your booking.
×