Skip to content

Xornada de identificación e Ilustración de Orquídeas

Fecha/Hora
Date(s) - 1 - Xuño - 2024
10:00 a.m. - 2:30 p.m.

Categorías


Un novo xeito de achegarse ás orquídeas e ás paisaxes primaverais do Courel

O sábado, 1 de xuño, achegarémonos aos afloramentos calcarios do noso territorio dun xeito único xa que, ademais de tentar comprendelos e valoralos, teremos a oportunidade de ilustrar algunha das especies de orquídeas que neles florecen nesta época, para o cal contaremos coa presencia maxistral de Mariana Roura, de “Das Aradas S.Coop. Galega” que, ademais, aportará material de debuxo .

Será unha mañá diferente, na que visitaremos espazos únicos en Galicia e aprenderemos moitas técnicas de ilustración da natureza.

O grupo, como sempre, pequeno, xa que pisaremos espazos delicados; entre eles, algunha das “Microrreservas de Orquídeas” definidas e delimitadas pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, que tamén apoia esta iniciativa.

Lembrade: é impresindible a inscrición e as prazas son limitadas, por orde de inscrición.

Unha vez vos inscribades recibiredes correo de confirmación, así como detalles e horarios da saída. Para máis info, tedes os teléfonos no cartaz.

Reservas

Las reservas están cerradas para este evento.

×