Se algo caracteriza ó Courel é a riqueza e a beleza dos seus bosques. Nas súas 25.000 Ha., e influenciado polas súas diferencias altitudinais ( 400- 1600 m.), o seu clima, os seus solos (onde se mixtura a caliza e a pizarra) e, como non, pola man do home, hai cabida para máis de do 60% das especies vexetais de Galicia.
Neste apartado centrarémosnos nos bosques que se mantiveron case que virxes, protexidos pola montaña; nas exuberantes devesas onde as caducifolias fan troca-la paisaxe cada estación que pasa. Tentaremos amosa-la súa flora, onde a sonora raíña é a orquídea. Buscaremos capta-lo paso estacional, coas distintas floracións, os trocos de cor e, como non, a agardada saída dos cogumelos.
Achegarémonos tamén a algunha zona mais temperán, cos seus érbedos, sobreiras e aciñeiras.
Pero non esqueceremos tampouco os soutos centenarios, os pastizais, as uceiras,… todos eses bosques có home, de xeito directo ou indirecto, foi modificando e cos que convive dende sempre nesta terra única.
Un a un, haberá tempo para que disfrutar coas imaxes destes espazos neste apartado, no que vós tamén poderedes participar.