Skip to content

POBOS DO COUREL

A bisbarra do Courel, situada principalmente nos concellos de Folgoso do Courel , Pedrafita do Cebreiro e Quiroga, está formada por numerosos núcleos rurais, espallados por toda a súa superficie.

En todos e cada un destes núcleos a característica principal é a súa fusión coa natureza, incluso nos máis habitados, onde as modernas construccións se funden de lonxe co exuberante  bosque cás arrodea. Non en van, o souto foi de sempre a principal fonte de riqueza destes lugares; del se obtiñan alimentos ( as castañas), pero tamén enerxía e materia prima para a construcción e a elaboración de mobles.

Pois ben, neste apartado tentaremos amosar un a un cada un destes pobos con fotos, roteiros que por eles pasen, construcción destacadas,… e, se podemos, vídeos onde algún dos seus habitantes nos conte cousas da súa vida, pasada e presente.

Agardamos que vos guste!

×